27 Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información - 20 Outubro 2023 - Enerxía intelixente

Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2023

Os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, recoñecen ás empresas, profesionais e entidades que traballan a favor do progreso tecnolóxico de Galicia e realizan boas prácticas no sector.

Baixo o paraugas dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información establécense, na actualidade, seis categorías de premios para distinguir diferentes aspectos ligados ao eido das telecomunicacións.

Así, outórganse:

  • Premio Enxeñeiro do Ano
  • Premio Socio de Honra
  • Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais
  • Premio Axians á Entidade Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicacións
  • Premio Vantage Towers ao Mellor Proxecto TIC para a sostibilidade e o coidado da Terra
  • Premio Mellor Expediente académico do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo curso 2022/2023

XXVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

A Noite Galega das Telecomunicacións é a gran cita anual do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, un importante encontro de networking no que están presentes destacadas entidades, empresas e profesionais do sector TIC.

Un evento que terá lugar no Hotel NH Collection Finisterre da Coruña o 20 de outubro de 2023.

Así, co obxectivo de dar visibilidade á profesión desenvolverase unha nova edición da Noite, consolidada coma un acto divulgativo de primeiro nivel cunha capacidade de convocatoria única de todo o sector das TICs en Galicia.

Patrocinadores da Noite Galega das Telecomunicacións

A Noite Galega das Telecomunicacións non sería posible sen as entidades e organizacións que a avalan co seu respaldo.

Desde o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñería de Telecomunicación de Galicia damos as grazas a todos os nosos patrocinadores e queremos poñer en valor a súa contribución a mellorar o noso ámbito profesional e de actividade.

Novidades