XXX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

A Noite Galega das Telecomunicacións é a gran cita anual do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, un importante encontro de networking no que están presentes destacadas entidades, empresas e profesionais do sector TIC.

Un evento que terá lugar no Museo de La Voz de Galicia na Coruña o 29 de maio de 2026.

Defensa invisible” é o lema da presente edición. As telecomunicacións son unha defensa esencial e pouco visible que garante a seguridade, a coordinación en tempo real e a protección fronte a ciberataques. Ademais, impulsan tecnoloxías clave e representan unha oportunidade estratéxica para o desenvolvemento, o emprego cualificado e a soberanía tecnolóxica.

Programa

19:30 h Acceso ao recinto

20:00 h Cóctel de benvida

21:30 h Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2026

22:30 h Cea de gala

Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2026

Os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, recoñecen ás empresas, profesionais e entidades que traballan a favor do progreso tecnolóxico de Galicia e realizan boas prácticas no sector.

Baixo o paraugas dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información establécense, na actualidade, catro categorías de premios para distinguir diferentes aspectos ligados ao eido das telecomunicacións.

  • Premio Enxeñeiro do Ano
  • Premio Socio de Honra
  • Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais
  • Mellor Expediente Académico do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo 2024/2025

Patrocinadores da Noite Galega das Telecomunicacións

A Noite Galega das Telecomunicacións non sería posible sen as entidades e organizacións que a avalan co seu respaldo.

Desde o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñería de Telecomunicación de Galicia damos as grazas a todos os nosos patrocinadores e queremos poñer en valor a súa contribución a mellorar o noso ámbito profesional e de actividade.