Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2026

Coa entrega destes galardóns queremos distinguir, un ano máis, o emprendemento, a investigación e as boas prácticas xeradas no ámbito TIC galego por parte de diferentes persoas e entidades.

EA_2026_MS

Miguel Santos Fernández

Premio Enxeñeiro do Ano

Pola súa brillante traxectoria profesional no ámbito das telecomunicacións e, moi especialmente, o orgullo de recoñecer nun compañeiro de profesión a alguén que soubo levar tan lonxe os valores da enxeñería. O papel clave liderando a transformación, integración e expansión das infraestruturas e servizos de conectividade en España, así como a súa contribución ao impulso da innovación e ao desenvolvemento tecnolóxico, especialmente en ámbitos como as redes de nova xeración. A súa visión, compromiso e capacidade para facer realidade proxectos de gran impacto convérteno nun referente indiscutible para todo o sector.

SO_2026_Defensa

Delegación de Defensa en Galicia

Premio Socio de Honra

En recoñecemento á incuestionable contribución da Delegación de Defensa en Galicia, ao fortalecemento da seguridade e da estabilidade do noso país, así como o seu firme compromiso co progreso, a cooperación institucional e o desenvolvemento tecnolóxico, especialmente no ámbito das telecomunicacións e da defensa. Valorouse moi especialmente o labor que se vén desenvolvendo en Galicia, promovendo a colaboración entre institucións, industria e enxeñería ao servizo da sociedade.

amtega_2026_chuac

Proxecto de trazabilidade física e asistencial no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña – CHUAC

Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais

Aplicación que combina técnicas avanzadas de xestión de datos e comunicacións para mellorar a eficiencia do servizo de urxencias e a experiencia das persoas acompañantes. Permite localizar e xestionar en tempo real os movementos dos pacientes no hospital, optimizando a atención clínica. Ademais, informa ás persoas acompañantes sobre os desprazamentos e probas realizadas, reducindo a súa preocupación. Recentemente, incorporou tecnoloxías de intelixencia artificial para aumentar aínda máis a súa eficiencia e funcionamento.

ME_2026_DFI

David Fernández Iglesias

Premio Mellor Expediente académico no Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo curso 2024/2025

Este galardón recoñece o esforzo, a excelencia académica e o compromiso co futuro da profesión, distinguindo ao estudante que acadou a mellor cualificación no Universidade de Vigo no curso 2024/2025. Un recoñecemento ao talento emerxente que representa o futuro da enxeñaría de telecomunicación en Galicia e a aposta pola formación como base do desenvolvemento tecnolóxico e da innovación.

Premiados en anteriores edicións