Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2023
José Luis Fernández Carnero
Premio Enxeñeiro do Ano
Pola súa extensa carreira profesional e a súa decidida achega ao desenvolvemento tecnolóxico de Galicia. Directivo de Televés desde 1981, escribiu libros e multitude de artigos técnicos que o converteron nunha referencia dentro do ámbito da innovación e o universo TIC.
Víctor Salgado Seguín
Premio Socio de Honra
Recoñecido experto na normativa relacionada coas TIC, valorouse a súa traxectoria como avogado especializado en dereito tecnolóxico e o seu traballo en ámbitos
como a salvagarda dos dereitos das empresas no universo dixital ou a defensa dos dereitos dos cidadáns na Rede.
Proxecto Talentos Inclusivos
Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais
Desenvolvido polo CITIC e ASPACE e impulsado pola FECYT, recibe o galardón polo seu decidido enfoque na solución dun problema concreto: atender as necesidades especiais das persoas afectadas polo dano cerebral.
Universidade da Coruña
Premio Axians á Entidade Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicacións
Polo seu liderado en innovación e desenvolvemento de coñecemento e das tecnoloxías TIC a través do CITIC, do Campus Innova da Cidade das TIC e unha decidida e valiosa contribución para lograr que A Coruña fose designada para albergar a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
Proxecto Vid-Expert
Premio Vantage Towers ao Mellor Proxecto TIC para a sostibilidade e o coidado da Terra
Impulsado pola consultora tecnolóxica SATEC, recibiu o premio pola súa valiosa achega na redución da pegada de carbono dentro do sector da viticultura.
Marielena Márquez Barreiro
Premio Mellor Expediente académico do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo curso 2022/2023