Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2024

Alfredo Ramos González
Premio Enxeñeiro do Ano
Pola súa traxectoria profesional e contribución ao desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, participando activamente no equipo que puxo en marcha o primeiro operador galego —R— e actualmente en MásOrange.

MUDITEL
Premio Socio de Honra
Museo Didáctico das Telecomunicacións da Coruña. Pola súa contribución na conservación do patrimonio histórico das telecomunicacións e na súa divulgación e pola paixón coa que traballa todo o seu equipo e o amor á tecnoloxía, conscientes da importancia da época de grandes cambios e evolución tecnolóxica.

CELIA de atlanTTic
Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais
Unha intelixencia conversacional para asistentes interactivos orientados á linguaxe que pode empregarse a través de WhatsApp ou dunha aplicación propia para afrontar a soidade non desexada, ideada polo Grupo de Tecnoloxías da Información de atlanTTic.

Universidade de Santiago de Compostela
Premio Axians á Entidade Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicacións
Polo traballo do seu Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), especialmente en proxectos sobre intelixencia artificial, análise de big data e detección temperá de riscos.

Axencia de Turismo de Galicia
Premio Mellor Iniciativa de Promoción da Conectividade
Polo desenvolvemento de tarefas de investigación e innovación tecnolóxica no eido do turismo e o esforzo por dar pulo a iniciativas para potenciar a conectividade no Camiño de Santiago.

Diego Gajaraville Aboy
Premio Mellor Expediente académico no Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo curso 2023/2024



