22 DE OUTUBRO

Programa · 22 de outubro 2021

17.00 h Xacobeo 2021: Visita guiada á Catedral

19.00 h Cóctel de benvida e Networking

20.30 h Acto de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2021

21.30 h Noite Galega: Cea de gala

Premiados

Premio Enxeñeira do Ano 2021

Recoñece a traxectoria de María Encarnación Baltar. Valorouse como razón determinante desta distinción o feito de que convertera nunha referencia nacional no difícil sector de medidas de campos electromagnéticos con traballos pioneiros en toda España.

Premio Socio de Honra

Recoñece a aqueles persoeiros ou entidades que destaquen pola súa promoción das telecomunicacións na nosa Comunidade Autónoma, distingue o labor de Gradiant, un centro tecnolóxico de referencia en Galicia.

Premio Axians 2021

Premio Axians 2021 á Entidade Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicación recae este ano na Universidade de Vigo. Valorouse a súa aposta polas infraestruturas TIC dentro do seu Plan Estratéxico 2021-2026 para promover a transformación dixital da Universidade.

Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais

Premio impulsado pola Amtega, recae este ano no proxecto Escoita 5G. Tívose en conta a vocación de utilidade social do proxecto, concibido para mellorar problemas de persoas con dificultades sensoriais.

Mellor Expediente Académico

Moisés Rubén Pacheco premiado por parte do colectivo de enxeñeiros de telecomunicación para recoñecer aos mellores expedientes académicos 2019/2020 e 2020/2021 do Mestrado de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

Mellor Expediente Académico

Marcos Martínez premiado por parte do colectivo de enxeñeiros de telecomunicación para recoñecer aos mellores expedientes académicos 2019/2020 e 2020/2021 do Mestrado de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

Patrocinadores