Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022

Coa entrega destes galardóns queremos distinguir, un ano máis, o emprendemento, a investigación e as boas prácticas xeradas no ámbito TIC galego por parte de diferentes persoas e entidades.

Ricardo Fernández Fernández

Premio Enxeñeiro do Ano

En recoñecemento á súa traxectoria e o feito de ter sido unha persoa clave na fundación da organización colexial do colectivo dos enxeñeiros de telecomunicación, á que permaneceu intimamente ligado coma director xerente desde o seu comezo, e coma secretario xeral en diferentes lexislaturas.

Proxecto Smilink, desenvolvido por Damián Vázquez Lavandeira

Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais

Valorouse a súa evidente utilidade para a integración social e a axuda á non desconexión da sociedade, das persoas maiores con problemas de mobilidade ou illamento. Tamén se tivo en conta a coherencia do proxecto coa estrutura poboacional de Galicia, con moitas persoas maiores que viven en soidade, especialmente no eido rural. Ademais, o seu desenvolvemento técnico, integrando tecnoloxías punteiras para unha fin social práctica de xeito inmediato, con posibilidades de continuidade e evolución temporal, foi outro dos motivos.

Dinahosting

Premio Axians á Entidade Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicacións

Polos máis de 20 anos que leva ofrecendo solucións competitivas para a presenza en Internet, con infraestruturas e tecnoloxías punteiras desde Galicia e con capital independente. Ao tempo, tívose en conta a súa aposta polo capital humano galego creando emprego estable e de calidade na comunidade autónoma.

Proxecto Aldeas Intelixentes de AGADER, dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia

Premio Vantage Towers ao Mellor Proxecto TIC para a sostibilidade e o coidado da Terra

Valoráronse como razóns determinantes desta distinción o modelo de aldeas intelixentes impulsado desde esta Axencia, que trata de garantir a dixitalización e a redución da fenda dixital en contornas rurais da man de solucións sustentables que teñan o menor impacto.

Javier Rey Domínguez

Premio Mellor Expediente académico do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo curso 2021/2022