dixitalización
sen_fronteiras_sociais
23 Set. 2022
Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022
Os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, recoñecen ás empresas, profesionais e entidades que traballan a favor do progreso tecnolóxico de Galicia e realizan boas prácticas no sector.
Baixo o paraugas dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información establécense, na actualidade, cinco categorías de premios para distinguir diferentes aspectos ligados ao eido das telecomunicacións.
Así, outórganse:
- Premio Enxeñeiro do Ano
- Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais
- Premio Axians á Entidade Galega que aposta polo desenvolvemento de Infraestruturas Intelixentes de Telecomunicacións
- Premio Vantage Towers ao Mellor Proxecto TIC para a sostibilidade e o coidado da Terra
- Premio Mellor Expediente académico do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo curso 2021/2022
XXVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
A Noite Galega das Telecomunicacións é a gran cita anual do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, un importante encontro de networking no que están presentes destacadas entidades, empresas e profesionais do sector TIC.
Un evento que terá lugar no Hotel Attica21 de Vigo o 23 de setembro de 2022.
Así, co obxectivo de dar visibilidade á profesión desenvolverase unha nova edición da Noite, consolidada coma un acto divulgativo de primeiro nivel cunha capacidade de convocatoria única de todo o sector das TICs en Galicia.
Patrocinadores da Noite Galega
A Noite Galega das Telecomunicacións non sería posible sen as entidades e organizacións que a avalan co seu respaldo.
Desde o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñería de Telecomunicación de Galicia damos as grazas a todos os nosos patrocinadores e queremos poñer en valor a súa contribución a mellorar o noso ámbito profesional e de actividade.
Novidades
José Luis Fernández Carnero, Premio Enxeñeiro do Ano: «A innovación non se pode disociar do traballo do enxeñeiro, é difícil crear riqueza sen innovación»
O director xeral de estratexia de Televés Corporación, José Luis Fernández Carnero, recibirá o galardón pola súa dilatada traxectoria
Transferencia, innovación, liderado, así conquistou a Universidade da Coruña o Premio Axians
A Universidade da Coruña foi galardoada co Premio Axians polo seu liderado na creación dun sistema tecnolóxico en Galicia
Miguel Ángel López Peña, director de Innovación de SATEC: «VID-EXPERT vai incluír a IA de modo progresivo e cunha visión de intelixencia colectiva»
A consultora SATEC recibirá o Premio Vantage Towers ao Mellor Proxecto TIC para a Sostibilidade e Coidado da Terra polo proxecto VID-EXPERT
Talentos Inclusivos ou como os estudantes melloran a vida das persoas con parálise cerebral
A iniciativa Talentos Inclusivos recibirá o Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais na Noite Galega das Telecomunicacións
Víctor Salgado, abogado e Premio Socio de Honra 2023: «Os telecos teñen un papel crítico no cambio estrutural ao que vai asistir o mundo»
O avogado Víctor Salgado Seguín recibirá o 20 de outubro o galardón como Socio de Honra dentro dos Premios Galicia das Telecomunicacións
Marielena Márquez, Premio ao mellor expediente académico do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación: «Os telecos imos ser importantes en calquera sector»
A enxeñeira obtivo o mellor expediente no Grao de Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo